A quedada da vergoña – O celtismo non actúa no circo da caverna mediática

“Dentro de nós há uma coisa que não tem nome, essa coisa somos nós”

José Saramago

Eses da caverna mediática, os mesmos que nos menosprezan e nos insultan publicamente, teñen a valentía (ou a estupidez) de convocar una pseudoquedada celtista o día anterior ao partido contra o Atlético de Madrid. Elevando o ridículo á máxima potencia, pretendían que a afección celeste participara nunha farsa en forma de procesión circense desde a Praza de América até Balaídos, coa bondadosa finalidade de “axudarnos” a encher o noso estadio. Os títeres debían presentarse ás 19:30 con bufandas, bandeiras, camisolas e zanfonas; tirando antes a súa dignidade polo retrete, pois para tal esperpento non era necesaria.

A simple proposta representa un insulto en si mesma. Xornalistas mercenarios que nada teñen que ver co Celta e se cren con dereito de convocarnos a unha quedada ficticia. Resulta tan absurdo e ridículo que roza a irrealidade. Se pensan que o celtismo está disposto a venderse por unhas migallas de minutos televisivos están moi equivocados. Esta afección non ten prezo. Poden quedarse co seu panfleto sensacionalista, non precisamos de caramelos envelenados enviados desde Madrid.

Foto: Aspecto da Praza de América á hora da pseudoquedada // @MarioLimens

Máis unha vez, o celtismo deu unha lección de dignidade e ninguén acudiu ao chamamento impostado de Deportes Cuatro. Respecto. Poderemos perder a categoría, porén nunca perderemos o amor propio. O esperpento do fútbol moderno para o circo mediático.

O celtismo é soberano e as quedadas as convocamos nós, as persoas que sentimos ao Celta no estómago, no corazón. Balaídos colgará o cartel de “non hai entradas” por sexta vez na presente tempada e será grazas a forza do noso amor. Hoxe deixaremos a gorxa en Balaídos ao tempo que preparamos #SevillaCeleste.

Orgullosa do noso.

Orgullosa dos nosos.

Grazas afección por ser tan GRANDE.

@SilviaBPcelta

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
Bielsa arrebata fichaje cantado del Betis en el FC Barcelona
Gánate la vida de influencer: cómo forrarse en Instagram y TikTok
Segunda juventud de Jesús Navas en el Sevilla FC lanza fichaje al Levante UD