As voces do derbi – Todo preparado xa para o gran derbi do fútbol galego no que Celta e Deportivo xóganse a vida e algo máis

Chega un dos partidos máis importantes da tempada, ese encontro no que non só vale sumar os 3 puntos. É un partido de sentimentos, un encontro co eterno rival no que os dous queren quedar por enriba. A situación dista moito da que se presentaba en outubro aínda que ambos equipos tentarán levarse os puntos para casa. Cada un defende as súas cores e cada siareiro ten a súa voz para narrar como van vivir este importante encontro.

Xosé A. Touriñán – Actor, humorista e presentador de tv

“Se cadra este é o peor momento e a peor situación para xogar un derbi. O Depor último e o Celta penúltimo. Coa meta final da salvación para ambos como destino. Pero un derbi é un derbi. Dá igual ser 19º ou 20º clasificado, nun derbi iso non importa, só importa gañarlle aos veciños. Só importa gañar o derbi. Case diría que xa dá igual baixar. Só importa O DERBI. E se son xusto comigo, só importa que gañe o Depor. Precisámolo. (3-2? Estaría ben) Apertas e sorte no gran día!”

Santiago Pérez – Fotógrafo

“O Celta chega ao derbi con máis urxencia da necesaria e coa necesidade de gañar en Riazor para non descolgarse dos postos que marcan a salvación. Independentemente da situación na que se atpa o Deportivo, un derbi sempre é impredecible, polo que aventurar un resultado, ou presupoñer unha vitoria pola mala situación do Deportivo resulta moi arriscado. O Celta ten que presentarse co mesmo espírito co que saíu contra o Madrid, e saber sobrepoñerse ao ambiente. O meu prognostico é un 1-2.”

José Lage – Deportivista

“Chega o derbi. Para min o partido máis esperado do ano. Ademáis na nosa casa, en Riazor. É unha data marcada no calendario. E aínda que este derbi entre Dépor e Celta se presenta nunha situación dramática para os dous equipos e triste para o fútbol galego, para min iso non o fai menos especial porque segue sendo un derbi; ademáis tamén parece que chega un pouco deslucido por iso de xogar un venres, pero nin aínda así deixa de ser menos ansiado. Gustaríame ver un Riazor cheo de deportivistas, por suposto, aínda que tamén coa súa representación celtiña, porque iso tamén é parte do espectáculo deste partido. Os dous equipos chegan coa necesidade de gañar, non só de puntuar, o que seguro que nos fai ver un partido moi disputado, intenso e onde se ten que notar esa rivalidade deportiva existente. Eu espero que o Dépor saia a tope dende o primeiro minuto polo que significa o derbi e polo que nos xogamos de cara ás ínfimas posibilidades de permanencia que temos. Pronóstico un 2-1 a favor do Dépor xa que vai ter o noso apoio os 90 minutos e iso ten que marcar as diferenzas.”

Vero Martínez – Redactora de Galifutbol

“Espero do derbi que os xogadores saian coas ganas e coa forza coa que saíron no último partido contra o Real Madrid. Non se nos están dando nada ben os partidos como visitante, pero un derbi é especial, un partido que debe afrontarse con garra, e coa falta que nos fan os 3 puntos, confío que o noso Celta saia a por todas en Riazor. Non vai  ser un partido nada doado, porque o Deportivo poñeránolo  difícil e contamos coa importante baixa de Álex López, que se suma á de Insa, pero aposto por un 0-2 ambos os dous goles de Aspas, que seguro que gañas de marcar non lle faltan.”

Xabier Palacios- Peña Djalminha

“Sen esquecer a rivalidade, teño que recoñecer que este derbi non chega no mellor momento para ningún dos dous equipos. Se o ano pasado daba gusto observar como era unha loita por todo o alto, este ano toca velo desde o outro lado, sendo os dous equipos os últimos da clasificación. Aínda así, desde a Peña Djalminha imos facer do venres un día especial e non deixaremos que a situación nos amargue a festa do fútbol galego. O meu resultado: 2-0.”

Estevo Sánchez – Celtista

“O peor dos partidos, no peor dos momentos, coa peor das situacións. O Celta parte nun momento complicado, cun corpo técnico aterrizando, de “vicecolista”, esgotado do partido contra o Real Madrid, cun ánimo bastante frouxo. A derrota consumaría a morte das opcións de manter a categoría, ao afundir a moral da equipa e a afección e alonxar ao Celta do posto 17. Este é o escenario previo a un partido que o Celta debe gañar. E sen os azos da afección no estadio, será difícil de facer. A única salvación é un ánimo aínda máis negro en Riazor. Veremos. Resultado: 0-2″

Fer Aranda – Siareiro celeste

“O derbi é un dos días máis especiais do ano, se gañas é unha felicidade que dura meses, se perdes, é unha traxedia que tes que estar a revivir toda a semana, sen ver ningún tipo de publicación deportiva, porque doe, e doe moito. Os recordos que teño do último derbi en Balaídos non se me van esquecer na vida, posto que foi o día seguinte da miña despedida de solteiro, e todos sabemos como acabou ese derbi e aínda porriba de mañá. Espero que o venres a iso das 23:30 teñamos no peto os 3 puntiños e os Koruños estén máis preto de segunda. Apertas pra todos e ala Celtaaaaa!!!!!!”

Carmen Villarroel – Preferencia Celeste

“Lembro que, o día que saíu o calendario da tempada, o primeiro partido que busquei foi o do derbi en Balaídos, e, o segundo, o do derbi en Riazor. Porque é moitísimo máis cun partido, e son moitísimo máis que tres puntos os que hai en xogo. Non importa con cantos puntos chegue cada un, ou a posición na táboa, unha semana de derbi sempre será igual. Hai que organizarse, preparar a viaxe e, ás veces, incluso sobra tempo para os nervios, os piques, e ata soñar co encontro. Son días de festa, tanto en Vigo como en Coruña, onde cada un loce as súas cores aínda máis orgulloso do normal, se cabe. Con toda a rivalidade, pero tamén sen violencia, ou así espero que sexa. Futbolísticamente falando, creo que o Celta chega mellor, tras un bo partido contra o Real Madrid e cunha fame de vitoria que dubido que deixen escapar. Por iso, a miña porra vai ser un 1-2. E alí estarei para celebrar os goles… Ala Celta!”

Jorge Iglesias- Deportivista

“Último tren ao que amarrarse para o Deportivo. As opcións fundaméntanse na intensidade que sexa capaz de dispoñer Fernando Vázquez. Creo que a veteranía e a experiencia poden determinar este enconntro. Agora que o derbi vive as súas horas máis baixas é tempo de disfrutalo máis que nunca. O meu resultado: 2-1″

 

 Laura Comesaña – Celtista

“Aínda que me gustaría que o Celta gañase e saíse do pozo no que está metido, o certo é que xogar en Riazor váiselle facer costa arriba ao Celta. Un empate estaría ben, e máis despois de ver o encontro co Madrid, o Celta se quere pode. Pero o derbi sempre é o derbi. O tempo deténse para deixar paso a un encontro esperado por todos os siareiros e onde os resultados pouco importan. O verdadeiramente importante é gañar ao Depor. Pero non hai que esquecer a situación na que chegan ambos equipos. O meu pronóstico, 1-1.”

Darío Estévez – Faro de Vigo

 ”O derbi debería ser a festa do fútbol galego, o día no que as rivalidades fora de todo o meramente deportivo, deben esquecerse. Deberíamos acoller este partido como a ocasión na que dous equipos galegos de primeira división se enfrontan nun encontro apaixoante. Iso faríanos máis fortes. Gustaríame poder ver que as dúas afeccións son capaces de sentarse unha á carón da outra sen máis leria ca esa. Porque ao fin é o cabo ámbolos dous loitan polo mesmo, a permanencia. O meu pronóstico: 1-3. Hala Celta!!”

Nós dende meuCelta.com avogamos por que sexa un encontro sen violencia, co respecto que merecen as dúas afeccións. É un día de festa para o fútbol galego no que cada un dará o 100% pero no que sobre todo disfrutaremos animando ao noso equipo. E por suposto… que gañe o Celta!

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
El Atlético debe espabilar ante ofertón de la Premier League por Marc Roca
El FC Barcelona negocia fichaje exprés en el Manchester City
La Real Sociedad última venta millonaria para atar a Carlos Fernández