Celtarrismo como forma de vida

Escrito por S.B.P. en meuCelta.com. Se non estás lendo isto en meuCelta.com, o artículo orixinal atoparalo aquí …http://www.meucelta.com/?p=9662.“Berraremos sen parar, vai a gorxa rebentar, tra-la vitoria final. Sempre Celta!” Keltoi!” “Os que están sempre”. Así é como define o celtismo a Celtarras 1987. Os que sempre están en presente, pasado e futuro, iso é o que significa ser Celtarra. En Gol, en Fondo ou en Preferencia-Lateral, vente ou chova, en primeira ou escapando de segunda B, con 30.000 en Balaídos ou con 4.000. Celtarras sempre está, en pé, deixando a gorxa en cada partido. Por Galiza e polo Celta. Moito máis que unha peña, celtismo en estado puro. Celtarras fundouse en 1987 como unha peña celtista cunha clara tendencia nacionalista galega e de esquerdas. Alentan en cada partido sen darlle as costas aos temas políticos e sociais que nos afectan na nosa vida diaria. Se buscas una peña que non se comprometa e acepte a realidade este non é o teu sitio. Durante a pasada tempada o seu compromiso por cambiar a realidade demostrouse en cada partido: o rexeitamento a Salva Ballesta, a petición de indulto a David Reboredo, a loita contra a dispersión dos presos políticos, contra a megaminería, en memoria [...]
Borja Iglesias