#EuNonMeBaixo – Tras a derrota ante o Rayo o celtismo reacciona nas redes sociais

Foto: @SilviaBPcelta para @meuCelta

A afección do Celta emprega, outra vez, as redes sociais para dar alento aos seus. Cando todo parecía negro, tras unha dura derrota ante o Rayo no Municipal de Balaidos, só pasaron uns minutos cando a rede social do momento ”Twitter” comezou a xeran de xeito inesperado o hashtag #EuNonMeBaixo.

Baixo estas catro verbas, moitos siareiros e siareiras achegan e comparten mensaxes de animo e apoio incondicional ao equipo celeste. O redor das 16,45 o hashtag era un dos temas máis chiados na cidade olivica.

A continuación achegámoste algúns chíos:

@RM18Oficial: #EuNonMeBaixo  porque non entendo outra maneira de entender o Celta que seguir loitando @PrefCeleste: Ata que o árbitro non asubíe o último minuto do último partido #EuNonMeBaixo A permanencia está xusto diante nosa @Saleta_gz: #EuNonMeBaixo porque somos un equipo de 1ª esteamos onde esteamos. Co #Celta ata a fin #EuCreoNoCelta #SempreCelta @PabloAlonsoo: A 3 puntos. Só a 3 puntos. A 3 puntos dun equipo que ten que vir a Balaídos. #EuNonMeBaixo. RCCV. @Santi_SSendon: Por que somos o Orgullo da Galiza, con xogadores da terra e unha afección de primeira #EuNonMeBaixo @CarlusPerez: Estivemos apoiándote cando lóitaste pola permanencia en Segunda, seguiremos nesta loita en Primeira. #EuNonMeBaixo ‏@mariafdezfojo: Aínda que o camiño este cheo de pedras #EuNonMeBaixo porque #EuCreoNoCelta Sufriremos como o que máis pero o conseguiremos!! @hugo_guezeta: #EuNonMeBaixo nin hoxe, nin mañá, nin para a semana se perdemos co Mallorca, nin para a seguinte se perdemos co Zaragoza NUNCA! #SempreCelta @Veero5colours: #EuNonMeBaixo Nin en primeira, nin en segunda nin onde acabemos. Sempre Celta, SEMPRE. @rubenlimes: … que chora no inferno, sorrí na gloria, sempre te seguiremos ORGULLO ETERNO! CELTISMO é que levo gravado no peito #RCCV #EuNonMeBaixo @ElenaGarci_11: Somos o Celta, deberíamos estar acostumados a sufrir. O último que temos que facer é rendinnos #EuNonMeBaixo Se digo sempre e para SEMPRE. @_Lau_AC: Ímonos vir abaixo agora?Pois será que non temos loitado nadiña… E o que nos queda por loitar… Así que #EuNonMeBaixo NUNCA #EuCreoNoCelta @pablorodry11: Siareiros dende sempre fieis a nossa tradizon de seguilo nosso Celta con orgulho e con paixón! #SempreCelta #EuNonMeBaixo @Rebeka_Rdr: Só son 3 puntos, se que vai ser dificil pero non hai nada imposible, creimos en ascender, por que non crer na permanencia? #EuNonMeBaixo @adrianrbravo: Por aquela tarde na que estabamos a piques do desafiuzamento e un tal @aspas10 nós salvou #EuNonMeBaixo
talento Celta