“Hoxe cumprimos un soño”

Escrito por Redacción en meuCelta.com. Se non estás lendo isto en meuCelta.com, o artículo orixinal atoparalo aquí …http://www.meucelta.com/?p=9786.O Celta B remata con éxito unha tempada de infarto. O empate a dous goles na volta do playoff vale por un ascenso a 2ªB. A nosa colaboradora @SilviaBP desprazouse ata Govela para vivilo encontro en directo e recolleu as primeiras impresións do adestrador celeste e de tres xogadores vitais para o filial: Pichi Lucas: “Foi un encontro complicado, cun rival moi físico, que nos fixo correr moito. No banco había moita tensión, en calqueira rechace ou córner podía caer un gol… Hai que darlle moita importancia ao ascenso. Foron once meses moi longos, de moito traballo, de moito sufrimento porque nos xogábamos toda a tempada neste encontro. Pero o equipo estivo xenial, comprometido ao máximo, e o merecen. Antón De Vicente: “Foi unha tempada demasiado longa, mais hoxe cumprimos o soño que perseguíamos todos. Se me caen ata as bágoas, pero merecen a pena polo sufrido todo o ano. Toda esta xente que ven aquí a animarnos e por tódolos celtistas que o fixeron durante o ano, só podo dicirlles que grazas, que foi unha tempada impresionante. Nos momentos máis dificiles, escoitar ‘Celta, Celta’ dende a [...]
Borja Iglesias