“Nai e celtistas volvo a casa”

Escrito por S.B.P. en meuCelta.com. Se non estás lendo isto en meuCelta.com, o artículo orixinal atoparalo aquí …http://www.meucelta.com/?p=10048.A eterna espera das “próximas horas” chegou ao seu fin. O pasado 24 de xuño anunciamos que Rafinha Alcántara xogaría no Celta en calidade de cedido, hoxe a nova xa é oficial. Despois dun retraso inesperado por unha discrepancia sobre que porcentaxe debía pagar o Celta do salario do xogador, ambas entidades solucionaron as diferenzas e o ansiado regreso do pequeno dos Alcántara xa é unha realidade. O principal artífice do regreso do prometedor xogador foi el mesmo. A súa determinación por xogar no Celta deixou ao FC Barcelona sen máis opcións á hora de ceder a unha das perlas blaugranas, deixando polo camiño a equipos que disputarán competicións europeas con ofertas moi difíciles de rexeitar. A única incógnita que queda por resolver é cando será presentado o xogador. As informacións máis fiábeis apuntan ao luns como o día elexido para presentar ao reforzo que máis espectativas e ilusións desperta no celtismo, porén o venres é outra opción. Pasadas as 15:30 desta mesma tarde o xogador confirmaba o seu regreso a casa, demostrando novamente o seu celtismo e as súas ganas por vestir [...]
¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
Miriam frena en seco en First Dates al salido de Alberto
Oferta inesperada a Pau Gasol le pone en contra de los Ángeles Lakers
Stranger Things: 8 fichajes increíbles para la temporada 4