Non hai dous sen tres – Os de Vigo tentarán acadar fronte ao Athletic de Bilbao una terceira vitoria que lles de máis oxíxeno para o tramo final do campionato

Foto: Momento do gol no derradeiro partido xogado polo Celta en San Mamés // miathletic.com

Comenzábamos a semana coa información dun posibel amaño, o do partido de fai dúas xornadas que enfrontou ao Levante U.D. e ao Coruña, partido este que o conxunto galego gañaría facilmente endosándolle ao cadro adestrado pos Juan Ignacio Martínez un contundente cero a catro. Resultado abultado, sobre todo para un conxunto que está a pelexar por non descender de categoría. Esta información saiu a luz debido a unas declaración que fixo un dos membros do plantel granota. Porén, este tema tan turbulento e no que o Celta xa estivo metido hai xa seis tempadas, non ten que descentrar ao cadro de Abel Resino do seu obxectivo máis inmediato. E ese obxectivo non é outro que acadar unha nova vitoria fronte ao Athletic Club de Bilbao que de se acadar meteíia en problemas moi graves ao cadro adestrado por Marcelo Bielsa e o Celta estaría un pasiño máis preto de acadar o milagre.

Esta foi unha semana tranquila por Bilbao despois de acadar in-extremis, coma xa fixera o Celta xornadas atrás, un empate fronte ao F.C.Barcelona, conxunto que acaba de ser humillado polo ex equipo de Daniel Pranjic, o Bayern de Munich, cun contundente sete a cero no total da eliminatoria nas semifinais da Champions League. O gol do empate entre Bilbao e Barça sería obra de Ander Herrera, xogador con pasado vigués xa que o seu pai foi primeiro xogador e despois secretario técnico do cadro olívico, Herrera será baixa ante o equipo vigues, problema serio para Bielsa xa que é, sen dúbida alguna, o xogador máis creativo co que conta “O Loco” no plantel. Coa súa baixa seguro que se resinte o equipo ao completo.

O oco deixado por Ander Herrera presumiblemente será ocupado por Ander Iturraste no centro do campo. Outro que tamén pode reaparecer en Vigo é o capitán Carlos Gurpegui que nas sesión de adestramento desta semana xa participou con total normalidade e podería ocupar un oco no medio xunto co anteriormente mencionado Iturraspe.

Outros dous xogadores que teñen opción de sair de inicio fronte ao Celta poderían ser Fernando Llorente, que en Riazor hai dúas xornadas estreou titularidade esta campaña deixando no banco ao goleador Aritz Aduriz; e Ibai Gómez, que entraría no once en sustitución de Iker Muniain, xogador este que non está atopando o nivel de campañas anteriores.

Polo tanto o posibel once que podería presentar Marcelo Bielsa para enfrontarse ao Celta podería ser o seguinte:

http://www.athletic-club.net/web/main.asp?a=0&b=1&c=1&d=1000&berria=13092&idi=1

Por outra banda, o Celta despois de presentar alegación ao Comité de Disciplina polos cartóns amosados sobre Jony Castro, Iago Aspas (o deste acarreaba suspensión por acumulación) e Krohn-Dehli, este decidiu deixar sen efectos os cartóns amosados por Cesar Muñiz Fernández sobre Iago Aspas, por finxir unha suposta pena máxima, e a Jony, polo non penalti que sancionou o colexiado cántabro do de Matamá sobre o italiano Robert Acquafresca.

As conclusións que se sacan desta decisión do comité é que Muñiz estivo desastroso no Ciutat e que esas accións mal asubiadas polo trencilla poderían ter trocado o desenlace do partido.

Os cartóns que non recurriu o Celta foron os do todocaminos Natxo Insa que se perde o enfrontamento contra o Athletic por cumplir ciclo, e a de Roberto Lago que, ao encontrarse tocado físicamente, os dirixentes preferiron non recurrir o cartón para que así o do Calvario teña un descanso, obligado de tódolos xeitos, e chegar nas mellores condiciones ao tramo final do campionato.

A baixa máis importante, e quen o ía a decir, para este enfrontamento vai a ser a de Insa que se está a converter nun home esencial no esquema de Abel Resino no medio do campo xunto con Borja Oubiña. Ese oco deixado polo alacantino pode que sexa ocupado polo xogador do filial Levy Madinda xa que o de Gabón e o xogador coas características máis similares as de Natxo Insa.

Outro home que se está a converter en pedra angular deste equipo é o porriñés Jonathan Vila. Desde que Abel decidiu incluílo no once no transcendental partido de Mallorca, o canteirán aportou solidez a defensa e xunto con Andrés Túñez está a formar un centro da zaga de moitas garantías.

Así ben, coas baixas de Insa e Lago por sanción, o once que podería empregar Resino para enfrontarse ao Athletic podería ser:

http://www.celtavigo.net/es/primer-equipo/noticias/6299-convocatoria-para-el-rc-celta-athletic-club

O do venres vai ser o primeiro dos encontros da trixésimo cuarta xornada do campionato e vai enfrontar no estadio de Balaídos ao Real Club Celta e ao Athletic Club de Bilbao. O partido poderá seguirse en directo a partir das 21 horas no municipal vigués ou a través das canles de pago GolT e C+Liga.

Este partido será dirixido polo colexiado madrileño de 42 anos de idade Carlos Velasco Carballo.

Ao igual que fronte ao Zaragoza o equipo será recibido por todo o alto pola afección a súa chegada ao Vetusto Balaídos, pero o verdadeiramente importante comezará a partir das 21 horas, cando o equipo poña sobre o céspede tódolos seus credenciais para poder acadar unha nova vitiria. Vitoria que faría que o equipo dos nosos amores respirase un pouco máis tranquilo e estivese un peldaño máis preto dos seus obxectivos, xa que #pódese e poderase ata o final, porque non nos rendemos e loitaremos por estar na primeira unha tempada máis xa que #xuntosconseguirémolo.

E coma xa vai sendo habitual queremoste recordar que dende meuCelta.com queremos saber a túa opinión así que non esquezas deixar o teu comentario a través deste post, no Facebook ou vía twitter deixando un chío co hashtag #porra11celta e #porraresultadoCeltaAthletic.

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
Dineral inesperado al Sevilla FC aleja a Carlos Fernández del RC Celta
El requisito imprescindible de Cobra Kai para no enredarse en su ironía
Ex de El Chiringuito que triunfa a rabiar desde que dejó yugo de Pedrerol