O Madrid dos autos tolos – A seguridade vial non vai con Benzema e Marcelo

Foto: Pierre Nodoyuna e Patán os villanos dos autos tolos

“Y cuanto más aceleroooo, más calentito me pongoooo; y cuanto más aceleroooooo, más calentito me pongoooooooo”. Ben podía ser esta a canción que sonaba no deportivo de Benzema cando voaba pola M-40 tras a derrota en Granada. O momento quedou inmortalizado no fotomatón da Dirección Xeral de Tráfico, 216 kilómetros por hora con foto de recordo. Ao francés non hai quen o siga (na estrada claro, no campo xa é outra cousa). Os seus compañeiros de fechorías, eles o chaman diversión, cruzaron a liña de meta despois do dianteiro, Sergio Ramos e Álvaro Arbeloa, neste caso sen foto do radar. Versión cutre de a todo gas pola M-40.

O resultado da diversión dos nenes ricos foi unha acusación de delito contra a seguridade vial para Benzemá por superar en máis do dobre a velocidade máxima permitida de 100 kilómetros por hora. Regateou a data do xuizo alegando que tiña o partido da semifinal de Copa contra o Barça. Igualiño que o resto dos mortais, basta con alegar que ese día tes traballo para que te cambien a data dun xuizo verdade? Claro, non se pode comparar é moito máis importante dar patadiñas a un balón que facer as insignificancias que protagonizamos o resto. A nova data do xuizo coincide máis unha vez con outro partido, esta vez da selección francesa. Seguirá regateando?

Os xogadores do señorío están empeñados en dar vida aos villanos dos autos tolos Pierre Nodoyuna e Patán. O último despropósito ten como protagonista a Marcelo que foi “cazado” conducindo sen puntos no carné (máis puntos perdimos na liga pensará o lateral). O brasileiro xa foi sancionado cunha multa de 6.000 euros por un delito contra a seguridade vial. Calderilla para quen cobra dous millóns de euros netos cada ano. Parece que a xustiza non é igual para todo o mundo.

Estos millonarios precoces chegan a Balaídos coas pastillas de freno intactas e despois do escándalo de Old Trafford, demos alento para que o noso Celta sexa quen de deixalos na cuneta.

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
Assassin ‘s Creed: Netflix a lo Marvel lanzará tres series del popular videojuego
The Umbrella Academy resuelve el origen de los superpoderes en 43 niños
Misterios sin resolver mantiene el suspense con Jack Wheeler ¿quién es el asesino?