[adinserter block="1"]

O mellor gol do Celta foi o de Bustos

Escrito por S.B.P. en meuCelta.com. Se non estás lendo isto en meuCelta.com, o artículo orixinal atoparalo aquí …http://www.meucelta.com/?p=9938.O pasado 26 de xuño recollimos nun vídeo os cinco mellores goles do conxunto celeste durante a pasada tempada e preguntamos aos lectores e lectoras de meuCelta.com “Cal foi o mellor gol da tempada”. A afección celeste teno claro, o mellor gol da tempada 2012/13 foi o chicharrazo de Cristian Bustos no partido de Copa ante o Real Madrid. Foi o primeiro gol da carreira futbolística do xogador alacantino e até o momento o único, porén a súa beleza non deixa dúbidas. Cristian Bustos sorprendeu cun espectacular remate desde fóra da área, un tiro imparábel, un auténtico golazo nunha noite copeira. Mais da metade das persoas que participaron na enquisa, un 57%, votaron polo golazo de Bustos. En segundo lugar e a moita distancia, está co 17% dos votos o gol da salvación de Natxo Insa previa asistencia de Iago Aspas. Co 11% dos votos está o gol de Álex López no partido ligeiro ante o Valladolid. O gol de Iago Aspas nese mesmo encontro obtivo un  8% dos votos. Por último, está o cabezazo de Borja Oubiña ante o Barça co 7% dos [...]
Temas:
¿Quieres compartir esta noticia?
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Share on telegram
[adinserter block="4"]