Paco Herrera non esquece Vigo

Escrito por S.B.P. en meuCelta.com. Se non estás lendo isto en meuCelta.com, o artículo orixinal atoparalo aquí …http://www.meucelta.com/?p=9484.Paco Herrera xa é adestrador do Zaragoza. Onte mesmo foi presentado oficialmente como novo técnico do conxunto maño, porén o seu paso polo Celta deixou un pouso difícil de esquecer. Desde que deixou de ser adestrador do equipo celeste, Paco Herrera demostrou por activa e por pasiva o seu amor polo conxunto olívico e pola súa afección. Os penaltis de Granada, o recibimento do equipo en Peinador e o ascenso, entre outros, foron os motivos da marca que deixou en Paco Herrera o seu paso por Vigo. Como “un celtista máis”, así se definía nunha extensa entrevista realizada por Marca.com a mediados de maio, na que Paco declarou confiar plenamente na salvación celtiña. Agora defende os intereses doutro clube e o subconsciente xogoulle unha mala pasada na súa presentación. Dixo Celta cando tiña que decir Zaragoza “É o que o Celta, ei perdón, o Zaragoza pode incorporar” continuou con “se me va todavía…” a modo de disculpa. O desliz sucedeu no minuto 5:50.
¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
Mario Casas se sale como soberbio actor en El Practicante de Netflix
Primer escándalo en La Resistencia saca los colores a David Broncano
El fichaje que acelera el Sevilla FC para ser mejor que el Atlético