Permisividade co poderoso – En accións similares, o valenciano Mateu Lahoz, sancionou aos xogadores celestes e deixou impune aos blaugranas

Foto. O colexiado Mateu Lahoz dialogando con Alexis Sánchez despois de amosarlle o cartón en Balaídos // Sport.es

Voltou a liga despois do parón a causa dos compromisos internacionais e o fixo cun moi bo sabor de boca para o conxunto da cidade olívica. O punto colleitado onte fronte ao F.C.Barcelona é un punto que sabe a doce. Neste encontro contra o conxunto máis poderoso do campionato, esa sorte que tan esquiva foi co Celta ao longo de toda a tempada, estivo un pouco máis presente cun gol nos derradeiros suspiros do partido do capitán Oubiña. Moi merecedor de dito gol despois de tódolos calvarios que tivo que pasar, e coma non, chegou fronte ao mellor rival posibel.

Esperemos que a melloría amosada polo plantel de Resino fronte ao Barça non sexa só auga dun encontro e se plasme en tódolos partidos que quedan ata o final do campionato. Aínda que houbo algunhas lagunas, sobre todo e a máis salientable foi a falla de axuda do ‘Negro’ Fernández a Jony ao longo de todo o encontro, se o Celta mantén esta liña e ten máis acerto ofensivo, a milagre da salvación está un pasiño, ou puntiño, máis preto de acadarse.

O valenciano Mateu Lahoz sancionou un total de 26 infraccións no encontro que disputaron na tarde do sábado o Celta fronte ao Barcelona en Balaídos. Das 26 faltas once foron a favor do conxunto local e quince a prol do equipo visitante. Destas 26 faltas sancionadas polos colexiados, sete foron merecedoras de cartón amarelo.

Por parte do Celta viron cartón Gustavo Cabral no minuto 31 da primeira metade, o goleador Borja Oubiña por facerlle obstrucción preto da área a Messi no minuto 40 da primeira metade, Roberto Lago xa na reanudación, no minuto 16; e Augusto, o Negro, Fernández xa case no final do encontro, no minuto 41.

Por parte do F.C.Barcelona os tres xogadores aos que Mateu Lahoz amosou cartón amarelo foron a Fábregas no minuto 24 da primeira metade por protestar un fora de banda, Alexis Sánchez por unha suposta man no minuto 18 da reanudación; e xa por último a Sergio Busquets case rematado o encontro, no mituto 42 da segunda metade.

Foto: Dous dos goleadores do partido entre Celta e Barça // deportes.starmedia.es

Mateu Lahoz e os seus asistentes pitaron un total de once foras de xogo, cinco deles foron a favor do Celta e seis para o conxunto blaugrana.

Foi un partido bastante doado para os colexiados onde se viu que os árbitros non miran igual para ámbolos dous conxuntos cando o contrincante e o Barça ou o Madrid. Ao longo do encontros houbo accións semellantes entre Celta e Barcelona, que si foron sancionadas para o cadro vigués e non así para o cadro da cidade Condal. Porén, en liñas xerais, o valenciano estivo bastante acertado a hora de dirixir o partido.

Compre dicir que Mateu Lahoz non sancionou un posibel penalti de Bartra sobre Park aínda co cero a cero no marcador. Non obstante, é certo que ámbolos dous xogadores entran na área forcexando. Outra sanción que quedou impune e un cobadazo de novo de Marc Bartra sobre Mario Bermejo que, no salto en liña de tres cuartos da parcela defensiva do F.C. Barcelona, lle meteu o cóbado ao xogador cántabro do Celta polas costas.

Agora toca facer bo este punto o vindeiro domingo fronte ao Rayo Vallecano. O encontro é tamén na casa e o Celta debe volver a facerse forte en Balaídos xa que por Vigo pasarán case que tódalas opcións que teñen para manterse na categoría.

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
La Real Sociedad estudia 2 alternativas a Mario Hermoso
Tras desplumar a la Real Sociedad Bielsa va a por el Levante UD
Jorge Mendes coloca en el Valencia CF al próximo jugón portugués