Poucos días para preparar o derbi – O equipo adestrará a porta pechada para preparar as tácticas

Foto: Adestramento previo ao Celta-Depor da primeira volta// MeuCelta.com

Tralos tres puntos perdidos no partido de onte fronte ao Real Madrid, o Celta afundiuse un pouco máis e pasou a ser o penúltimo equipo na táboa clasificatoria. Este podería mellorar no derbi do vindeiro venres ao que os dous equipo galegos chegan nos seus peores momentos. O Celta soamente contará con catro días para poder preparalo e o plan de traballo a seguir será o seguinte:

11/03: Adestramento ás 10.30 na Madroa.

12/03: Adestramento ás 10.30 na Madroa.

13/03: Adestramento ás 10.30 en Balaídos. Unha parte deste adestramento realizarase a porta pechada.

14/03: Adestramento a porta pechada ás 10.30 en Balaídos.

15/03: Partido correspondente á xornada 28 en Riazor, Deportivo-Celta ás 21.45.

16/03: DESCANSO

17/03: DESCANSO

Celta Vitolo