Volve a Liga Indoor a Vigo – O Celta recibirá en Navía ao FC Porto de Domingos Paciencia ex-adestrador do Depor

Foto: Celta Indoor // vigoalminuto.com

Hoxe regresa o Fútbol Indoor a Vigo e o fará cun pavillón de Navía ateigado. Desta volta o equipo celeste disputará a súa terceira xornada ante o FC Porto, o equipo luso debutará hoxe na Liga Fertiberia. Na pasa tempada o equipo luso acadou a clasificación para os play-off onde foi eliminado na primeira quenda.

O comezo da Liga para os de Moncho Carnero, comezou con unha vitoria o pasado 1 de Marzo nas Travesas ante o Málaga e unha dura derrota ante o Depor por 12-7 o pasado 15 de Marzo.

Porén desta volta o equipo celeste reforzase con dúas novas incorporacións, a primeira é o centrocampista brasileiro Giovanella, integrante da xeración do EuroCelta, xeración de futbolistas que levou ao Celta á Champions League, á final da Copa do Rei e a protagonista grandes noites europeas como a vitoria ante a Juventus ou o Benfica.

Por outra banda o equipo celeste tamén conta coa alta de Míchel Salgado. O lateral , gañador de dúas Copas de Europa e catro Ligas co Real Madrid, comeza hoxe en Navia unha nova etapa deportiva no equipo Indoor do clube que o deu a coñecer.

Por parte do Porto, a súa principal novidade é a incorporación ao equipo do ex-adestrador do Deportivo, Domingos Paciencia. Xunto a el estarán outros históricos do FC Porto como Fernando Couto, Rui Barros, Pedro Mendes, Capucho, Semedo ou Rui Correia.

Celta de Vigo: Patxi Villanueva (porteiro), Emilio (porteiro); Míchel Salgado, Giovanella, Tomás, Bajcetic, Ratkovic, Jacobo Campos, Quique e Xurxo Otero. Adestrador: Moncho Carnero

FC Porto: José Carlos (porteiro), Rui Correia (porteiro); Fernando Couto, Rui Barros, Fernando Gomes, Folha, Bino, Capucho, Pedro Mendes, Domingos Paciencia, Semedo, Ze Nando e Mario Silva. Adestrador: Luís Castro

Escenario: Pavillón Municipal de Navia

Data e hora : 5 de abril do 2013, ás 20:45 horas.

Televisado: Emisión en diferido por Localia Vigo, Porto Canal, TVG

Lucas Vázquez Atlético