Equipo en previa de Champions, a nova moza para Túñez

“Hai un equipo estranxeiro que preguntou por Andrés que nos chama a atención. Non xoga unha liga grande, pero está en previa de Champions contra un rival débil. No peor caso estaría na Europa League. Sería un gran cartel para él”, recoñece a meuCelta o axente do venezolano,  Rodrigo Fernández Lovelle, que continúa esquivando dar nomes.

Apunta cinco “opcións reais” neste momentos: tres na liga española e dous equipos europeos, pero non concreta cales. Se rumorean xa algúns nomes, entre eles sona con forza o Zenit de San Petesburgo, opción que non confirma nin desminte. “Está claro que irse a outro país, outro idioma, é un factor importante. Será Andrés o que decida cando volte”.

Sí que fala con máis soltura dos equipos que rexeitaron facerse coa cesión de Túñez porque, en ningún caso, asegura, estase a valorar un traspaso. Valladolid, Getafe, Rayo, Real Sociedade, Zaragoza ou o Colonia alemán caeron da lista, segundo Fernández Lovelle.

“Un día parece que as cousas están preto e despois chegan outras. Esto é así”, xustificase. Engade que “se o Zaragoza de Paco Herrera non estive en segunda Andrés iría correndo”.

 

Take Kubo