O amaño do Levante-Coruña ao descuberto – As sancións poderían chegar a penas de prisión e expulsións da competición

O que acostuma ser unha sospeita chegou nesta ocasión moi lonxe. O amaño do encontro Levante-Coruña, que rematou cun 0-4 para os galegos, chegou ás mans da xustiza. A Fiscalía Anticorrupción, que investiga o caso a petición da LFP, tería probas dun posible delito.

Ademais das evidencias que apuntan que o Deportivo mercou o encontro, o programa ‘Al Primer Toque’ de Onda Cero revelou que o Granada, tamén en perigo de descenso, foi tentado polo Levante para superar a poxa polos tres puntos.

Foi o xogador Aranda quen recibiu chamadas e mensaxes antes do encontro, que comunicou o seu presidente que, a súa vez, denunciou a Liga. A oferta parece que foi rexeitada polo clube granadino, mais puxo ao descuberto que existía unha previa por parte do Coruña.

O amaño de encontros se considera un delito que, segundo o códifo da RFEF, as sancións poderían chegar a penas de prisión, entre dous e cinco anos de inhabilitación para os implicados, que poderían ser expulsados da competición, e seis puntos menos para os seus equipos.

Mentres actúa a xustiza, as voces contra os amaños comezan a soar con forza. Desta volta o presidente do Valladolid, Carlos Suárez, pediulle aos xogadores que “informen, denuncien e non miren cara outro lado”, como foi o caso de Barkero, do clube levantino, que logo retractouse.

Restan encontros baixo sospeita, en especial, os partidos contra o Levante de Mallorca e Zaragoza, dous rivais directos do clube celeste. De continuar os amaños, o Celta xogará estas finais cara o descenso con clara desvantaxe.

¿Quieres compartir la noticia?
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on facebook
Ultimas noticias en Elgodigital
El Atlético debe espabilar ante ofertón de la Premier League por Marc Roca
El FC Barcelona negocia fichaje exprés en el Manchester City
La Real Sociedad última venta millonaria para atar a Carlos Fernández