Os pícaros de primeiro ano viaxan a Corea

Foto: celtavigo.net

A canteira celeste continua a súa expansión. Si o pasado ano as categorías inferiores do Celta, comezaron a catalogalas como unha das mellores da Liga BBVA. Esta tempada os pícaros da Madroa comezan forte a súa tempada. Os infantís de primeiro ano representaran ao equipo celeste no prestixioso Torneo Internacional de Gyeongju en Corea do Sul.

Estes participan xunto a outros dezanove equipos de países como Thailandia, Xapón, China, EUA, Portugal ou Australia, neste torneo de fútbol base organizada pola Federación de Fútbol de Corea de Sur.

“Esta experiencia vailles enriquecer moito, pode que máis como persoas que como futbolistas”

O equipo adestrado por Álex Otero debutará no torneo o 18 de agosto enfrontándose ao Shilla (Corea do Sur) e á selección de Timor Oriental. Os galegos, encadrados no grupo A, tamén terán que medirse na primeira fase á selección de Thailandia e ao Tokyo Verdy. Si os celestes acadan a clasificación nesta fase de grupos poderán acceder aos posteriores roldas, en caso contrario de ficar eliminados os pícaros ficaran de tódolos xeitos en Corea do Sul xogando amigábeis até o día da final do Torneo o 22 de Agosto.

“Vai ser unha experiencia totalmente diferente ao que vivimos en outras competicións. Participamos en torneos de moito nivel, pero en ningún tan exótico como este”, asegurou Álex Otero, adestrador dos infantís de primeiro ano antes do desprazamento. “Haberá equipos de doce países diferentes. Nosa intención é sempre competir, pero sobre todo que os rapaces vivan unha experiencia única e aprendan doutras culturas e outras formas de xogar ao fútbol”.

O técnico celeste apuntou que o nivel do Torneo e moi alto posto que varías seleccións participan deste torneo e algúns equipos punteiros do Xapon e Corea do Sul. Asemade, Álex Otero, sinalou que ten programado realizar varias sesións de adestramento en Corea: “estes rapaces finalizaron a tempada moi tarde ao igual que os Alevins de segundo ano, estiveron de vacacións até esta semana. Habémonos exercitado o luns e esta tarde e en Corea realizaremos varios adestramentos. Esta experiencia vailles enriquecer moito, pode que máis como persoas que como futbolistas”.

Mouctar Diakhaby